Loading...
24.9.12

Cada vez máis...

Alto, cada vez máis alto sobe un home para ollar o mundo cunha mirada nova. Pero aínda que está no aire e o equilibrio é fráxil, ten un potente caxato sobre o que todo se asenta. O autor coñece os recursos que atraen ao lector. Esas repeticións, as acumulacións funcionan...
Jandl era un poeta experimental influído polo dadaísmo que se caracteriza por xogar coas palabras do seu idioma, o alemán, para construír unha poesía pensada para ser oída. Esta singularidade comporta ao mesmo tempo a maior dificultade para darse a coñecer fóra dos países de lingua alemá, o traslado deses xogos de palabras. Ao longo da súa vida foi distinguido con moitos premios en diferentes aspectos creativos. Morreu no ano 2.000 e a nós chegounos anteriormente un estupendo libro da man de Lóguez, "Ser quinto", ademais de "Antípodas", que é posterior e menos coñecido. Como ilustrador aparece de volta Norman Junge, que tamén o fixera nos dous anteriores.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP