Loading...
24.8.12

Un adios especial

Tratar os temas dolorosos a través da narrativa é un acto terapéutico porque fai pensar, descubre cuestións abandonadas nos recunchos esquecidos do noso pensamento e axuda a afrontalas. Cando me dixeron de que trataba esta novela gráfica, pensei nunha esconxura dos temores persoais da autora e doume algo de medo, pero confeso que o tema está tratado sen falsedade, case como unha reportaxe xornalística onde se deixa pouco espazo para desenrolar teses sobre a vida na vellez, creo que é máis iso o que trata, que a morte mesma.
O trazo de Joyce Farmer lembroume o de Richartd Crumb, pero cunhas viñetas de tamaño moito máis reducido que as do autor de Génesis. Hai certos elementos disonantes na narración que merecerían unha lectura máis detida pola autora para mellorar o avance da narración, pero creo que mereceu a pena telo lido.
déixovos dúas críticas en certa medida contrapostas publicadas en La carcel de papel e Entrecomics.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP