Loading...
6.8.12

Crónica negra da Alemaña de entreguerras

Tras a derrota na I Guerra Mundial, alemaña mergúllase nun periodo triste e gris da súa historia. abatidos por unha gran depresión moral e económica, comezan a xurdir ou van arraigando elementos que transformarán a sociedade e que se manifestarán en anos posteriores ata chegar a esa explosión que foi o nazismo.
Esta novela gráfica ocúpase, con acerto no gráfico e peor no narrativo, dun episodio que sacudiu as estruturas policiais xermánicas, a existencia dun asasino en serie que facía desaparecer os corpos das víctimas converténdoas en carne ou salchichas que vendía no mercado negro de Hannover. Por que a policía alemana ten esa tendencia a utilizar delincuentes e protexelos despois? Hai pouco descubriuse que os servizos secretos permitiron que unha célula terrorista neonazi vivise tranquilamente durante dez anos despois de asasinar a máis dunha decena de persoas, algo inconcebible nun país avanzado de non existir cobertura polos servizos de seguridade. 
Policías pesquisan na casa de Fritz Haarmann
Pois na historia que se conta neste libro sucede algo semellante. Haarmann, confidente policial, aproveita a inmunidade que lle ofrece a súa placa de colaborador para cometer os seus crimes e abusos sexuais.  Nin as denuncias dalgúns veciños nin dos familiares dos desaparecidos fan que a policía investigue, todo o contrario. 
Esta situación dramática sérvelle a Peer Meter e Isabel Kreitz para construír un relato no que paseamos pola sordidez do Hannover dos anos vinte do século pasado, grazas a unha detallada ilustración chea de luces e sombras que retratan perfectamente o ambiente do relato, que sen embargo non me parece tan acertado no guión.

Para ler máis:

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP