Loading...
23.7.12

Outra e xa van unhas cantas




Outra mala nova, esperto do letargo coa locutora do telexornal, faleceu Esther Tusquets. Poderían encherse liñas con palabras que falasen do magnífico labor editor desta muller. Poderiamos falar do que supuxo Lumen para a literatura infantil con coleccións tan revolucionarias como A favor de las niñas, dos estupendos álbumes que fuxindo de toda limitación publicou durante anos, dos seus clásicos para nenos, onde os divulgadores máis avisados recomendaban as lecturas de Los cuentos judíos de la aldea Chelm do gran Isaac Bashevis Singer, e moitos outros (Bradbury, Horacio Quiroga, mitoloxías clásicas, etc). 
Hoxe o mundo da edición queda un pouco máis orfo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP