Loading...
10.7.12

Invitación

Kalandraka vén de editar un marabilloso libro no que se homenaxea ao cineasta Jacques Tati (Por favor, revisade as súas magníficas películas, toda unha lección de humor). 
Publicado orixinariamente en francés, tiven a enorme fortuna de atopalo hai uns anos nunha das miñas viaxes e quedei prendado da narración visual do libro, e ademais falei del no ano 2008.
Non podo traducir en palabras toda a riqueza narrativa deste libro, todos os planos e todas as historias paralelas cradas por David Merveille. Así que soamente podo invitarvos a que o collades nas mans e fagades lectura de imaxe.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP