Loading...
20.6.12

Silencios

Os silencios son necesarios, pero ás veces son tristes porque son voces que se apagan. É o caso de Emili Teixidor, que nos foi arrebatado hai dous días. Era un home clarividente que expresaba de forma clara as súas ideas. Lembro a explicación que nos daba nunha aula durante s Xornadas de animación á lectura de Arenas de San Pedro na defensa do uso do e como marca de xénero para evitar a discriminación do feminino. Artigos seus na defensa do desexo de ler tiveron trascendencia e mereceron algún premio, ou as súas relfexións no libro La lectura y la vida.
Sempre nos quedarán os seus libros e tomaremos o pan negro na súa memoria.

Outros silencios son máis gozosos e imaxinativos. Esta idea de presentar os gañadores dos premios Edelvives é unha feliz ocurrencia que logra fuxir con imaxinación, e con notable ousadía dos rigores da típica cerimonia. Felicidades a esa persoa que tivo a brillante idea e a Edelvives por atreverse a levala a cabo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP