Loading...
6.6.12

Encontro de Animación á lectura (I)

Como todos os anos, a primeira fin de semana  de xuño tráenos os Encontros de Animadores á lectura de Arenas de San Pedro (Ávila). Este ano Emilio Pascual realizou a conferencia inaugural e amosou, unha vez máis o seu coñecemento dos clásicos da literatura, a beleza dos libros bíblicos e demostrou que os problemas do mundo se repiten e como xa Cervantes tiña clarividencia para sinalar onde están os problemas permanentes do ser humano.
O certo é que as actividades comezaran pola mañá cunha conferencia dos críticos literarios Gustavo Puerta e Pablo Barrena, que debatiron longamente sobre o contido do libro "Los tres erizos" de Javier Sáez Castán. O desacordo radical respecto aos contidos ideolóxicos deste libro. Na súa conferencia, valoraron cinco libros que consideraron destacables (Ademais de "Los tres erizos", os dous tomos de Valek (Janosch) publicado por Los cuatro azules; Rasmus e o vagabundo, de Astrid Lindgren, publicado por Kalandraka; "El libro triste", de Michael Rosen, publicado no seu momento por Serres e "El rey jabalí" de Antoni García-Llorca, publicado por SM. Pero a charla era arredor de sete libros e sobre os dous últimos non houbo acordo, así que optaron por recoller ese desacordo. Así, Pablo Barrena defendeu "El maravilloso viaje de Edward Tulane", mentres que Gustavo Puerta, fíxoo por "Hijos de reyes" de Reinhardt Kaiser, publicado por Alba.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP