Loading...
24.5.12

Os de arriba e os de abaixo

Entre os autores de libros para nenos, ou os considerados para nenos, Jimmy Liao é o menos infantil ou un dos menos infantís. Primeiro porque o seu estilo fragmentario alónxao do lector infantil e segundo porque o seu punto de vista sempre é o do adulto, coa súa ollada complexa sobre a vida.
A utilización do dobre plano para representar dous puntos de vista da realidade é relativamente frecuente. Precisamente o título desta entrada fai referencia a un libro para nenos que emprega este recurso para situar ao lector ante unha realidade que non é unívoca.
Pero Liao pon ante un espello dous puntos de vista complementarios, o subxectivo e o obxectivo, o que un ve e sente fronte ao que ven os demais.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP