Loading...
5.5.12

Animación e literatura



A animación e a literatura non adoitan ir acompañadas, e cando o fan non é estraño que sexa un encontro desafortunado. Para min, o que fixo disney con Alicia é un paradigma disto.
Hai bastantes anos, merquei uns cantos libros infantís soviéticos á Librería Rubiños 1860, unha librería madriñeña que vendía en toda España por correspondencia e que estaba especializada en libros da Unión soviética, supoño que aproveitando a apertura do franquismo.
Algúns daqueles libros eran doctrinarios, pero había outros francamente bos, e que co paso do tempo valorei nunha medida xusta. entre eles estaba un magnífico libro de Kornei Chukovskiautor de numerosos libros de poesía e de boas reflexións sobre a literatura e a linguaxe nos libros para nenos, finado no ano 1969, titulado "Viva el agua y el jabón" editado pola Editorial Progreso. Pesquisando por internet atopei que Ivanov Vano, un dos grandes realizadores de deseños animados da URSS, realizou dúas versións dunha mesma historia que me lembran moitísimo á do libro. (Agora, despois de deixar repousar a entrada un tempo, podo confirmar que se trata do libro que eu pensaba).
Chukovski participou en películas de deseños animados como guionista con Leonid Amalrik, Vladimir Polkovnikov, filmes como Limpopo, Barmaley ou Pavliniyy Khvost.
A primeira realizouna no ano 1939, e resulta curioso realizar unha comparación entre o protagonista desta primeira versión, tan pioneiro, tan neno ideal, e o da segunda realizada se non me lembro mal a mediados dos anos 50. O título en ruso é Мойдодыр (Moidodir)



Esta é a segunda versión.  Ano 1954.





Ficha:

Productora: Soyuzfilm
Director Ivan Ivanov-Vano
written by Ivan Ivanov-Vano
Directores artísticos Anatoly Savchenko, Michael Botov
Voces: G. Nevzorova, V. Rodgero, O. Ghemmerling, I. Prokofyeva
Animadores: V. Ryabchikov, Faina Yepifanova, Vladimir Krumin, M. Kuprach, Vladimir Popov, K. Malyshev, Konstantin Chikin, Vladimir Arbekov, Boris Butakov, Vladimir Pekar, B. Savkov, Tatiana Fedorova
cámara: Nikolai Vohinov
Musica: Youry Levitin
Son: Nikolai Prilutsky
Montaxe: L. Sazonova

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP