Loading...
16.5.12

Alén da fronteira


Onte presentouse no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), o luns fíxose o mesmo na cidade de Santiago, a escolma de poetas vascos "Alén da fronteira" que acaba de publicar Faktoría K de libros na recuperada colección Tambo. No acto interviron José Ignacio Irigarai, que realizou unha apaixoada introdución á obra de cada un dos poetas, e Luís Rei que realizou a lectura da versión galega dalgúns poemas.
Os poemas refelexaron un estilo variado, pero en todos eles podía apreciarse unha ollada intensa sobre o decurso da vida e a pegada que foi deixando sobre cada un dos poetas. Desde a coñecida poética de Bernardo Atxaga, ao descoñecido para min Luigi Anselmi (sorprendente) ou a impresionante obra de Joseba Sarrionandía.
Ademais diso tivemos o enorme privilexio de escoitar as versións dalgúns versos na voz do cantante Ruper Ordorika acompañado por Arkaitz Miner.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP