Loading...
8.5.12

Artur e Clementina


Acabo de ver a nova edición de Artur e Clementina, primeira que se fai en galego, nunha librería infantil. Dá gusto recuperar títulos coma ese e outros que formaban parte desa mítica colección de Lumen e que agora recupera Kalandraka.
Adela Turin, que lle dá o seu nome á nova colección, volve a estar presente nas librerías, de onde faltaba hai demasiados anos. Esta colección nunca debeu perderse. Do mesmo xeito que grandes autoras de literatura xuvenil de verdade, como Christine Nöstlinger por citar só un caso, non deberían ficar no descoñecemento dos lectores. Ambas as dúas reivindican a dignidade das mulleres e están esquecidas apartadas por unha potente onda de cousas novas e efémeras. Agardamos ver moi pronto Rosa caramelo, O país dos bonobos con lentes, etc.
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP