Loading...
11.4.12

Vangardas,Marshak e a arte para nenos


Levo varios días na procura de Самуи́л Я́ковлевич Марша́к ou Samuil Iakovlevich Marshak. A lectura por métodos inconfesables da súa obra, escoitar os recitados dos seus poemas e contos en ruso mentres leo as traducións ao inglés faime recoñecer unha musicalidade que nas traducións non percibín. Mesmo entro nun blog (Los cuadernos de Julia, en inglés) no que se citan os cambios aos que se someteu algún libro seu na tradución ao inglés. Багаж, Equipaxe na nosa lingua, é un dos mís coñecidos libros deste autor. Atópome coa sorpresa de que en castelán existía unha versión cun título totalemente irrecoñecible, soamente a traducción do texto ruso e unha serie de palabras que se repiten me levan á feliz conclusión de que "El perrito creció" e "Багаж" son o mesmo libro. 

Outro dos descubrimentos que fago é a existencia dunha notable influencia do nonsense inglés, de Edward Lear, que lle vén do seu coñecemento da literatura inglesa grazas ao seu paso pola universidade de Londres, posteriormente sería tradutor de Shakespeare, Burns e adaptou contos rimados ingleses ao ruso.
Para os que estean interesados neste autor, non lles queda máis remedio que recurrir ás poucas traducións existentes en inglés ou a unha moi boa edición de varios libros realizada pola francesa MEMO.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP