Loading...
14.4.12

V Premio Compostela

O xurado acordou conceder por unanimidade o V Premio Internacional "Compostela" de Albums Ilustrados á obra de David Daniel Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido, de México, presentada baixo o lema "Parvada". O galardón comporta a publicación do libro en castelán, galego, catalán, éuscaro e portugués.
O xurado valorou especialmente o virtuosismo da súa execución e a extraordinaria calidade das ilustracións, elaboradas cunha técnica moi depurada, e a forza expresiva do branco e negro, cores sobre os que está elaborada a obra.
Os autores de "Parvada" propoñen unha reflexión sobre unha sociedade que se desenvolve na procura do coñecemento e do progreso, no camiño dunha vida mellor, mais que se constrúe sobre unha gran contradicción.

O xurado estivo formado polo concelleiro de Educación, a editora e investigadora Felicidad Orquín, o ilustrador Xan López Domínguez, a editora Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka; o xefe do Departamento de Educación de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e técnica do Departamento Beatriz Varela, como secretaria técnica.

O xurado recomenda a publicación da obra presentada baixo o lema "Seré...", cuxa autora é Daniela Iride Murgia, de Venecia (Italia). Ao mesmo tempo, aprecia a valía dun grupo de traballos que tamén merecen unha consideración especial e que foron presentadas baixo os lemas "En algún lugar", "El Sanatorio", "Nicomedes el Pelón" e "Aldino, el rábano y la oveja 106".

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP