Loading...
9.4.12

As vangardas artística e os libros para nenos


 Segue traendo cola a exposición de Lebedev en Palma de Mallorca, por certo que despois irá a Cuenca, e despois de ler o catálogo desta exposición que conta con importantes fondos da Merrill C. Berman Collection (na rede poden verse, mais non reproducirse algunhas das obras que contén este fondo dos debuxantes das vangardas). Hai pouco máis de un ano, outra exposición, "Promesas de futuro. Blaise cendrars y el libro para niños en la URSS 1926-1929", tivo lugar no Museo Picasso de Málaga e no  MUVIM dentro do programa de actos do Ano dual España-Rusia, centrada nas obras que se expuseran en París, entre o 27 de abril e o 22 de maio de 1929 baixo o título "Promesses de future" . Neste caso, estaba centrada nos libros para nenos e foi a máis completa exposición que sobre os escritores e ilustradores soviéticos se realizou nunca en Europa. Esta exposición cubría a producción editorial do trienio 1926-1929 e foi unha completa visión da ilustración desa época. Ven isto a conto do que no catálogo da Fundación Juan March, Lebedev recoñécese como un artista dos anos vinte. E se un se molesta en botar unha ollada á evolución deste ilustrador, é moi posible que chegue á conclusión que o que paga a pena da súa obra está nese decenio e que a súa apreciación era totalmente acertada.


A lectura dos catálogos destas dúas exposición, e en menor medida unha anterior titulada "Los juguetes de las vanguardias", dan unha idea bastante completa da importancia que a revolución de octubre lle concedeu ás artes gráficas como instrumento de propaganda e transformación social, da valoración que moitos deses artistas tiñan entre algúns editores franceses (Gaston Gallimard amosa o seu interese por Lebedev, Ushakova, Efimov e Deineka) e a razón de que a obra de Marshak sexa máis recoñecida, e por tanto editada, en Francia e non noutros países europeos. (Nos anos trinta publicáronse algunhas das obras destes autores soviéticos en París) e que as únicas edicións modernas realmente coidadosas coa ilustración sexan as francesas. As edicións rusas actuais son pésimas: falta de calidade na reproducción gráfica. A influencia social destes artistas foi moi grande, as tiradas dos seus libros acadaban cifras de 200.000 exemplares e foron textos de cabeceira para varias xeracións que medraron memorizando os seus poemas e contos. A formación destes autores e ilustradores tivo lugar nos denominados Vkhutemas, obradoiros de ensino superior de arte e deseño de Leningrado e Moscú, onde o deseño de carteis e libros formaba parte do programa de estudos e dos proxectos de carreira.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP