Loading...
5.3.12

Xogando coas letras


Abefeario é en palabras de Tatanka books, a editora, un percorrido polas letras do alfabeto que axudará a que os máis pequenos se familiaricen con elas. Sen dúbida que os pequenos van pasalo ben, pero tamén o adulto atopará neste libro unha diversión que lle favorecerá a conversión da súa lectura nun pasatempo. Tamén os educadores poden atopar neste libro un xeito de presentar as letras e de xogar con elas desde o punto de vista literario, os pareados están cheos de humor, como desde o punto de vista gráfico, con esas divertidas caracterización das letras. 
Evidentemente, non todos os pareados están no mesmo nivel de complexidade lingüística, e aínda que algúns poidan soar un pouco máis forzados, non perde o interese e forman parte do risco inevitable que se corre ao facer un libro tan constreñido formal, temática e lexicamente.



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP