Loading...
31.3.12

Libros e selvas

 Lendo o Babelia atopei unha ampla reportaxe e unha crítica de Arrecife, o último libro do novelista mexicano Juan Villoro. Avivando o seso e acordando da lectura, lembrei que aínda non falara dun libro deste autor que lin hai uns meses e que se titula El libro salvaje (Siruela). A súa lectura levoume a aqueles libros que se publicaban en España nos anos setenta e que se popularizaron ata os oitenta, sobre todo de autores anglosaxóns ou xermánicos, concebidos como aventuras disparatadas. Neste caso, o protagonista, abandonado pola súa familia na casa dun tío lunático e bibliófilo, descubrirá grazas a ese abandono e a esa soedade acompañada que a lectura pode ser unha aventura marabillosa. Unha apoloxía da lectura? Si, mais tamén un goce para os lectores.
Invito á lectura dunha entrevista que se publicou no blog Pizca de papel sobre este libro e a literatura para nenos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP