Loading...
31.3.12

Inventario de animais en perigo

 Os libros de animais están entre os mís lidos polos pequenos lectores, quizais a banda deseñada estea á altura nas súas preferencias. Por iso, un libro que fale dos animais de forma sinxela e cunha ilustración coidada será con total seguridade un éxito. Pero hoxe en día, cando entre a fotografía dixital e os programas informáticos se poden crear imaxes espectaculares, que un libro opte por unha ilustración case do século XVIII chama a atención. E se a iso sumamos unha acertada elección do papel, o resultado é un obxecto que transmite unha gran calidez entre as mans.
Este inventario ilustrado recolle algunhas especies en perigo de extinción organizadas por espazos xeográficos: montañas temperadas, océanos, rexións polares, espazos habitados... Todos os animais, debuxados á mesma escala, conteñen información característica da especie ou algunha curiosidade do seu comportamento, morfoloxía, etc. O inventario iníciase cun limiar claro, sintético e necesario no que se explican os criterios que se seguen tanto na ilustración como na propia organización do libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP