Loading...
5.3.12

A importancia da economía?



O sector editorial ten en Galicia unha importancia maior da que lle corresponde en relación ao seu peso demográfico. Esa realidade estatística tradúcese en riqueza económica que repercute nos sectores anexos (impresión, comercialización...). Iso son postos de traballo e circulación monetaria, que parece ser o único que interesa neste momento de crise. Sen embargo, o apoio ao sector é menor do que cumpriría nun momento coma o actual, e aos recortes á presenza galega en feiras internacionais, engádese un menor número de feiras do libro. A menos que as cousas se corrixan en semanas posteriores, feiras de grandes vilas como Cangas desaparecen e unicamente Viveiro consegue manter a súa. Pero isto non hai que achacalo exclusivamente á administración, creo que os libreiros son os máis interesados en que a súa presenza nos verán de Galicia se manteña e avance porque estamos en crise e precismaos buscar os mercados onde nunca o fixemos.

Calendario de Feiras do Libro 2012

- FERROL do 19 de abril ao 24 de abril. Cantón de Molins
- SANTIAGO DE COMPOSTELA do 28 de abril ao 6 de maio. Paseo da Alameda
- LUGO do 15 de maio ao 20 de maio. Praza menor
- OURENSE do 1 de xuño ao 6 de xuño. Alameda
- VIGO do 29 xuño ao 8 de xullo. Praza de Compostela
- A CORUÑA do 1 de agosto ao 10 de agosto. Xardíns de Mendez Núñez
- VIVEIRO do 13 de agosto ao 16 de agosto. Xardíns de Noriega Varela

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP