Loading...
18.1.12

Medio elefante e un álbum completo

Hai libros que aínda sendo escritos hai tempo, dá gusto llelos porque a construción do texto, a estrutura e a forma de contar achéganse con criterio claro aos pequenos lectores. Medio elefante é un libro publicado hai uns anos por Serres pero que tiven a sorte de coñecer hai unhas semanas (Haberá libros que ocupan demasiado espazo nas mesas das librarías que ocultan outros?). A proposta parte dun principio moi rodariano. Que pasaría se o mundo se partise pola metade? E que lle pasaría a un elefante?
O seu autor, o ilustrador rxentino Gusti apostou por construír as ilustracións con materiais de refugallo, especialmente anacos de madeira, e o resultado é un libro visualmente atractivo.
O remate do evita en todo momento a solución fácil, tentación fácil recurrir ao obvio, pero Gusti é coherente co xogo que prantexou desde o inicio.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP