Loading...
29.1.12

el antihuevo

El antihuevo é un relato infantil, e non tanto, absolutamente surrealista debido a Alberto Forcada, ilustrado por Juan Palomino.
Comeza enganchando ao lector. Sitúao ante un suceso onírico, a aparición dun ovo amarelo de grandes dimensións. A partir deste suceso absurdo vai dando paso a unha gran cantidade de personaxes que fican entre o abraio e a estupefacción. Cada figura adopta o papel estándar, pero seguen aparecendo figuras sorprendentes coma o plátano voador e os soldados que tras disparar sobre el, comprobarán que a papilla na que se converteu inunda toda a rúa, e que todo é un simple plátano feito puré. Os veciños van e veñen para as súas casas cargando ese manxar. O ovo eclosionará e de el xurdirá unha mazá con ás. A medida que avanza a narración, as situacións son máis disparatadas.
Publicado por Nostra Ediciones, unha editora mexicana que ten presenza nalgunhas librerías do país, máis nas especializadas en literatura infantil que nas xeneralistas. O libro publicouse no ano 2009 na colección Mirador.
Pero non se nos poden ocultar defectos de deseño que dificultan a lectura dalgunhas páxinas polo erro na elección do tipo, da cor e dun taballo de ilustración que non tivo en conta que unha das condicións imprescindibles de todo libro ilustrado é a lexibilidade. Pero insisto en que iso non debe ocultarnos que se trata dun libro interesantemente absurdo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP