Loading...
30.1.12

Boni Ofogo

O contador Boniface Ofogo estará esta semana por Galicia e ademais de visitar varios colexios, vai dar unha conferencia o mércores día 1 de febreiro, as 17.30 na Librería Libros para soñar de Vigo titulada A importancia da oralidade.
"Nesta sesión, que está dirixida a público adulto, especialmente docentes, pais e nais, Boni Ofogo vaise basear na súa experiencia persoal para xustificar a necesidade de achegar os nenos e nenas, dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural."
Unha boa oportunidade para escoitar a este home que leva moitos anos contando entre nós e que utiliza a voz como poucos contadores saben facelo, con esa mestría que posuían os narradores que empregaban os recursos retóricos con esa habilidade que aporta a intuición.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP