Loading...
26.12.11

Rasmus ou a Lindgren menos coñecida

Da obra de Astrid Lindgren o libro que a meirande parte dos adultos dunha certa idade coñecen é Pippa, ou Pipi se aceptamos a transformación do nome feita pola serie de televisión dos anos setenta, pero poucos coñecen o resto da obra publicada en español: Miguel el travieso, Ronja ou Os irmáns corazón de león, publicada en galego por Xerais. A lectura de Mi mundo perdido, unha especie de autobiografía faríanos perder certas ideas preconcebidas sobre as sociedades nórdicas de principios do século XX. Isto axudaríanos a entender a dureza da realidade que Astrid Lindgren non oculta en ningún dos seus libros, mesmo nos máis doces e fantásticos.
A lectura de Rasmus abáfanos coa súa humanidade, por esa ollada sensible sobre os seres humanos. Pero iso non oculta os valores literarios da escritura de Astrid Lindgren, unha escrita rica e ben modulada, cunha utilidade das palabras que xa non é frecuente na literatura para xente nova. Unha escrita que non fuxe da complexidade, pero que non a disfraza con artiluxios que tratan de ocultar o que non é. Quizais moitos lectores estean lonxe do estilo de Lindgren, pero podemos ser facilitadores porque é un libro que abre a porta a moitos outros, mesmo abre ás portas a ollar a vida en toda a súa complexidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP