Loading...
30.12.11

O valor da experiencia

Cuatro azules publicou un libro de Julio Llamazares no que relata as pegadas dos desterros pola construción de encoros. Sabemos ben o que significa asolagar a memoria de aldeas, as raíces e afogalas  na auga que enriquece lugares distantes.
Miren señores que historia
nun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.
O libro de Llamazares evoca a historia de tantas familias leonesas trasladadas a vilas artificiais ou dirixidas directamente á emigración das grandes cidades, a súa propia historia (A súa aldea foi asolagada pola construción dun encoro). É unha ollada moi próxima. A valoración material da terra perdida non compensa as outras perdas, as que soamente os que teñen que recoller enseres e familia e alixeirar o fato da memoria. O coñecemento desta realidade constitúe un valor inestimable na construción dunha narración á que lle aporta unha ollada desde o coñeceento profundo desa ausencia, tan importnte non inmaterial coma nos demais terreos. Pero tamén constitúe, ao meu ver, nun gran defecto, pois non lle permite a distancia suficiente para construír un entramado narrativo crible e un ten a sensación que xoga co lector utilizando algunhas trampas efectivas desde o punto de vista emotivo, pero que son enormemente disonantes no na verosimilitude da narración. Este libro parece querer ser un recoñecemento, feito máis desde o emotivo que desde o literario. Emocionará aos que teñan algunha relación coa realidade histórica dos que teñen eses sucesos como próximos, emocionarán certas pasaxes do avó, do retrato da soedade e da incomprensión, pero fáltanos valor narrativo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP