Loading...
19.11.11

Unha boa idea



Entendo que a diferenza entre un bo libro e un que non o é tanto reside en que mentres que o primeiro cumpre co obxectivo de interesar ao lector  e de atrapalo na lectura. Ás veces, mesmo na capacidade de seguir provocando reaccións despois da súa lectura.
"La historia del señor  Pájaro". Piret Raud
Piret Raud é unha autora descoñecida para min, por iso me acheguei ao seu libro "La curiosa historia del señor Pájaro" coa curiosidade de descubrir unha figura descoñecida no panorama literario. Desde que vin a portada do libro no blog de Los Libros del Zorro rojo, pareceume unha proposta artística interesante, clara e limpa. Nos créditos parece intuírse que hai un traballo de edición por parte dos editores españois que semella que aportaron algo á versión en castelán.
La historia del Señor Pájaro é a historia dunha insatisfacción e, en consecuencia, a dunha busca. O Señor Pájaro non lle gusta a vida que leva e decide lanzarse a experimentar outras formas de vida e iso provoca as risas dos seus amigos. Pero lonxe de desanimarse, o protagonista decide seguir cos seus proxectos e vivir de formas diferentes, descubrindo que son tan molestas e insatisfactorias como a que lle estaba destinada. Aceptando que as cousas teñen as dúas caras decide retornar ao seu mundo. Para facer que? Para dirixir o coro no concurso de canto.
A claridade da ilustración é reforzada polo marco que encerra as viñetas narrativas, deixando un espazo para outras de carácter contextualizador ou simplemente ornamental. Ademais resalta máis a visión humorística que aportan algunhas páxinas ou os pequenos detalles ilustrados con primor (Para min, espléndido o niño que se pasea polas páxinas en forma de globo ou o que se convirte na coroa do vencedor do concurso de canto).
Creo que o remate evita que a historia sexa redonda. A trama resólvese de xeito sorprendentemente fácil.Pero os finais felices, máis en tempos coma estes, son os preferidos e seguramente haberá lectores moi satisfeitos con esta historia.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP