Loading...
15.10.11

Unha opinión intelixente

"...Atopar só o que che interesa, o que xa andabas a buscar, é un xeito de amputación cerebral, unha visión limitada da realidade que te encerra en ti mesmo. Como ir a un bar onde todo o mundo é coma ti. como ler o que te comprace. A nosa única esperanza é atopar algo que non iamos buscando, algo que nin sequera entendemos. Se non, como iamos entrar en contacto co mundo exterior. Atopar unicamente o que ti querías equivale a confirmar os teus prexuízos e confinarte no teu pequeno mundo.
Ese é o meu único reparo cando escoito falar da literatura premeditada para xoves. din que "quere conectar co seu mundo", "tratar dos problemas que lles preocupan". Que paparruchas. Para min, desde moi novo, ler é exactamente o contrario: saír do meu mundo, preocuparme de problemas que nunca tivera en conta, alonxarme da miña sensibilidade, asomarme ao exterior e poñerme no lugar de outros..."
Rafael Reig apunta deste xeito unha visión moi interesante e lúcida sobre a  función da lectura, a compartimentación, a literatura ad hoc e apunta outros temas para a reflexión.

2 comentarios:

  1. intelixente e certo! xa vin o de Rodari, será quizais o momento de ler estes contos que curiosamente aínda non lera. Agora estou co Ano do xardineiro http://revoltadafreixa.blogspot.com/2011/08/karel-capek-o-ano-do-xardineiro.html

    ResponderEliminar
  2. Un bo libro, como moitos de Rinoceronte

    ResponderEliminar

 
TOP