Loading...
13.10.11

Rodari ao teléfono



Levaba tempo desaparecido, pero xa temos unha nova edición dun libro fundamental na literatura escrita para nenos no século XX. Kalandraka vén de publicar "Contos por teléfono" e teremos a presentación mañá, venres 14 de outubro. A ilustración corresponde a Pablo Otero "Peixe", decote tan atrevido como o autor italiano e que nos proporcionará unha visión singular de Rodari.
A presentación será en Libros para soñar Coruña.
Felicitémonos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP