Loading...
31.10.11

Premio Nacional de ilustración


Emilio Urberuaga acadou o Premio Nacional de ilustración correspondente ao ano 2011. A súa traxectoria é destacable, marcada por innumerables traballos tanto en España coma no estranxeiro. Cando o panorama do álbum ilustrado español era un deserto, el seguía realizando os seus traballos para editores suízos e italianos. El aportoulle a imaxe a Manolito Gafotas, a serie de éxito de Elvira Lindo. Posteriormente realizou destacados traballos para Kókinos, Los libros del Zorro Rojo ou Kalandraka, que vai publicar proximante un libro disco en colaboración con José Antonio Abad sobre As catro estacións.
Querer dicir máis cousas sobre Urberuaga é misión difícil, ten tal cantidade de traballo e tan coñecido que pode ser redundante. 
Merecido premio, parabéns.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP