Loading...
27.10.11

Premio Nacional ao Labor Editorial

O Ministerio de Cultura fixo pública hoxe a decisión de outorgarlle a Los libros del zorro rojo e a Salamandra o Premio Nacional ao labor editorial.
Dúas editoriais con traxectorias distintas, pero que comparten a idea de que o editor debe ofrecer libros coidados e ben pensados. Salamandra tivo a gran fortuna de facerse cunha mina de ouro que ninguén soubo ver e os beneficios que lles reportou Harry Potter serviron para ter un fondo editorial estimable e que nos ten feito disfrutar ben e moito. Teño no punto de mira Libertad, de Jonathan Franzen.
Los libros del zorro rojo teñen unha historia de poucos anos, pero cun bo feixe de libros, algúns creo que non de todo acertados, pero a quen non lle pasa iso? Uktimamente fixeron excelentes recuperacións, e curiosamente é seu o próximo comentario que se publicará neste blog, de non xurdir outras novidades, La curiosa historia del señor pájaro, de Piret Raud.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP