Loading...
15.10.11

Poesía para chamar polo sono

A poesía é un campo aberto ao que lle faltan lectores. Entre os pequenos lectores non existen os prexuízos con respecto a este xénero que poden existir entre os lectores adultos. Hai uns días alguén escribía no ABC das letras que na lectura deberiamos buscar algo diferente do que xa coñecemos, converterse nunha especie de miradoiro ao que asomarse para descubrir novas paisaxes. Abro "El pequeño libro de las nanas" editado por Carme Riera para El Aleph Editores e aínda me asombro de ver canto me falta por coñecer e o tempo non me vai dar para tanto.
Esta é unha antoloxía máis resumida dun Gran libro de las nanas. Recolle poemas da tradición popular española en castelán e poesías de autores de diferentes épocas, así como textos recollidos en antoloxías realizadas en séculos anteriores.
Os poemas publícanse ordenados cronoloxicamente e incluíndo algunhas cancións de nadal que a editora considera arrorrós.



Duerme ligero
que si la mora viene,
en el sueño escondido,
no podrá verte.
(José Ángel Valente)



José Agustín Goitisolo, Gloria Fuertes, Corredor Matheos, Concha Lagos, Manuel Fernández Sanz, Adriano del Valle, Lorca, Miguel Hernández, Eduardo Marquina, Fernán Caballero, Lope de Vega... Todos eles e moitos máis están nesta antoloxía de 260  páxinas que inclúe un CD con poemas cantados. A ilustración de Josep Solé vai na liña do estilo de Noemí Villamuza, á que nos lembra continuamente nas figuras humanas e menos nas outras, aínda que quizais cun trazo máis fino que Villamuza.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP