Loading...
6.9.11

Ollar a pintura. Un cadro de...


As bibliotecas galegas carecen de libros sobre arte. Os dous títulos anteriores tamén editados por Faktoria K de libros tiveron certa trascendencia e un éxito relativo entre os lectores e bibliotecarios galegos. Agora volven a editar unha colección que trata o tema da pintura, pero centrándoa en pintores e cadros concretos. No caso de Picasso é o Guernica e no de Velázquez, As meninas.
Diseccionan o cadro para amosar os detalles e ilustrar as ideas que moitas veces teñen expresado os especialistas sobre os recursos, os puntos de vista, etc. As explicacións son claras e sinxelas. finalmente dásenos unha visión do conxunto nun desplegable que permite situar cada un dos detalles que se amplian nas páxinas do libro no conxunto da obra.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP