Loading...
19.8.11

O que vai vir

Raúl Vacas propón un libro tan raro coma os seus protagonistas. E polo que conta o poeta no seu blog recibiu o  prace de persoas coma Antonio Rubio ou Antonio Santos. Supoño que o primeiro, no que se refire ao texto, e o segundo, no relativo á ilustración. Raúl Vacas é un poeta aínda novo, pero cunha importante traxectoria no desenvolvemento de obradoiros de poesía para adultos e rapaces, tanto en bibliotecas como centros de ensino.


Sóprame unha libreira que Thule reedita un título de Prévert que Alfaguara, cando Alfaguara tiña outras claves de política editorial, tiña na súa colección cadrada. Pero non vai ser thule, chegoulle mal a información, senón El Zorro Rojo. O título será "Cuentos para niños no tan buenos" (Vaia racha levamos cos títulos) e no PDF do catálogo aparece xa como próxima aparición. Ademais vai publicarse coas ilustracións orixinais de Elsa Enríquez.


Chámame a atención un detalle, decido compartir a apreciación con outros seguidores da literatura infantil e coincidimos. Observamos unha certa paralización en Bárbara Fiore Editora. Así que recurro á rede e entro na súa web e apreciamos que a partir do outono non vai ser así, pois anuncian a saída de varios libros interesantes a priori, así como a curta que lle valeu a Shaun Tan o Óscar á mellor curtametraxe de animación na última edición dos tan apreciados premios. De Tan aparece tamén o "Esbozos de una tierra sin nombre", que algunhas librerías da rede xa venden, pero nas librerías desta parte aínda non o teñen.

2 comentarios:

  1. paralización non, o que ocorre imaxino que é por publicar varias obras dun mesmo autor ou xirar arredor del, pero non me extraña, vaya colección de marabillas que teñen e, ains, as que veñen, contoche unha que descubrín a través do amazon.fr e que me confirmaron desde a editorial, Corimbo edita a Kitty Crowther, o seu último libro "Teo e Deus" titulado en francés O pequeno home e Deus, falei del aquí http://chuculetaconraton.blogspot.com/2010/12/kitty-y-muchas-preguntas.html
    Parece que o verán quere vir neste mes : )

    ResponderEliminar
  2. Despois da treboada desta noite, non sei se é o verán ou outra cousa.
    Indo a Bárbara fiore, eu si que teño a impresión de que houbo certo parón e preguntando tamén a algunha libreira, dicía o mesmo. Do libro de Crother, xa lin a túa entrada. Vou tratar de velo pola rede.

    ResponderEliminar

 
TOP