Loading...
12.8.11

O medo dos nenos

Coma sempre, leo os suplementos con semanas de retraso (Total, que presa hai?) e descubro no Babelia do 30 de xullo o último e magnífico artigo de Antonio Muñoz Molina publicado co mesmo título desta entrada. Un non está de acordo en moitas ocasións con este home que desprende un arrecendo centralista. Pero quero ser tolerante e gústame ler tamén a aqueles dos que discrepo, ás veces moi profundamente. 
Lía hai uns días as declaracións dun político que era recibido por outro do seu mesmo partido e nunha afirmación para non pensantes afirmou que el se entendía mellor con ese mandatario que co goberno anterior, que era unha coalición doutro signo político (difícil adiviña, verdade?). O doado é dialogar cos que pensan coma ti, pero o verdadeiro diálogo faise cos que teñen outra concepción das cousas. Deixémonos de andar na póla e vamos ao noso. O artigo de Muñoz Molina é brillante, non hai un parágrafo gratuíto ou baleiro e desenrola tres ideas que eu considero básicos en toda reflexión sobre a literatura. Pero o argumento final é unha reflexión que moitos autores de literatura para nenos levan facendo e froito da que saíron estupendos libros.
Le o artigo aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP