Loading...
12.8.11

Francisco Solano

O debuxante do coñecido cómic el eternauta, Francisco Solano López. El eternauta é unha obra coñecida incluso polos menos afeccionados á lectura da banda deseñada. Esta obra con evidentes connotacións políticas está en milleiros de bibliotecas de todo o mundo. O autor do guión Oesterheld foi detido polo exército arxentino a causa da súa militancia nos Montoneros. Feito desaparecer, os guións foron elaborados por outro guionista. Os dereitos de autor trouxéronlle algún disgusto a solano cando volveu ao seu país tras permanecer exilado en España e no Brasil.
Adeus a un dos grandes debuxantes. Queda a obra.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP