Loading...
4.8.11

Micropoesía

El Jinete Azul leva un breve tempo de presenza nas librerías e ten publicados algúns títulos que a min me parecen interesantes. A outros non lles concedo tanto valor, e estou para ver o que publicaron de Bertol Brecht. Xa reseñei o libro de José Corredor Matheos. A finais da primavera publicaron outro libro de  poemas da escritora brasileira Marina colasanti.
Son poemas mínimos, case haikus. A autora titulou o libro "Clasificados e nem tanto" porque a súa brevidade é semellante aos dos anuncios por palabras. Non é a primeira vez que na literatura infantil se recorre a esa sección dos xornais para buscar a fonte literaria. Hai anos, Agustín Fernández Paz partira dos anuncios clasificados para crear as historias do seu libro "Contos por palabras".
A edición española contén unha selección dos poemas publicados na edición orixinal brasileira. Non hai un motivo único nos poemas; son en gran medida humorísticos, limericks con ecos de Lear:
Érase una vez 
un viejo japonés
que sólo se dormía
jugando al ajedrez.
Outros teñen un contido máis lírico, pero paga a pena deixarse sorprender pola súa lectura e pernitir que as palabras evoquen 
O traballo de Sean Mackaoui é o dun ilustrador que sabe ler e que xoga coas ideas, os conceptos científicos, a polisemia, metáforas, analoxías... E iso beneficia a lectura da imaxe, porque a pouco que un se fixe, disfrutará do xogo que supón relacionar a imaxe co poema. Para min, unha das mellores ilustracións de poesía que teño visto. Pero ten un pequeno defecto que non sei se debemos atribuirllo ao ilustrador ou ao editor. Hai unha dualidade de estilos que chocan entre si. Polo demais,magníficas.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP