Loading...
13.6.11

Outra fábula de Lobel

Un autor convértese en clásico cando os seus libros son lidos de xeración en xeración. Para iso, é necesario que o autor trate temas permanentes e que saiba utilizar os mecanismos que lle permitan achegarse aos lectores. Arnold Lobel conseguiuno sen dúbida ningunha utilizando un mecanismo moi sinxelo, os diálogos. Lobel é un autor pouco descriptivo, e esa é unha cualidade importante que xustifica o seu número de lectores.
Kalandraka acaba de publicar un libro pouco coñecido, Tío Elefante, onde o autor achéganos a un problema eterno da infancia, a soedade e a perda, neste caso temporal, preme nas teclas que xa tocara en títulos anteriores. A súa publicación é posterior aos seus libros máis coñecidos, O porquño (The Small Pig) ou Sapo e Sepo (Frig And Toad), despois de ter recibido importantes premios como a Caldecott Medal ou a Newbery Medal, é un libro de plena madurez, e notaselle o oficio, ben estruturado, linguaxe precisa e sinxela e ganchos ao longo do libro para manter a atención do lector.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP