Loading...
11.5.11

Tradición de palabras

Poucas etnias como a xitana conseguiron manter a súas tradicións case intactas, aínda que para iso pagasen un prezo tan alto coma a desintegración. O pasado domingo puido verse un documental en La 2 sobre os xitanos de Bos Aires. Era sorprendente escoitar a aqueles mozos nacidos no país sudamericano falando cun acento tan pouco influenciado polas cadencias do castelán da Arxentina e cantando o flamenco coma o farái calquera outro xitano de Lavapiés ou Cascorro.
Hai uns anos publicouse unha antoloxía baixo o título de "Cuentos populares gitanos" debida a Diane Tong. Este traballo recollía historias escoitadas en diferentes lugares, especialmente en Grecia e outros países balcánicos. Agora Siruela acaba de o mesmo cos contos dos xitanos españois, obra de Javier Asensio Garcia, unha antoloxía máis extensa que o de Tong e que recolle desde as versións dos romances ata os contos marabillosos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP