Loading...
11.5.11

Lecturas quentes

 
Quizais non sexa o mellor libro da autora, pero hai páxinas dunha marabillosa intensidade. Ler a esta muller sempre encerra recompensas.





Gogol sempre é unha garantía, pero o atractivo desta historia é ver como a narración nos arrastra por unha loita sen sentido que comeza cando un dos amigos lle chama ganso ao outro.

Un magnífico retrato da caída da Unión Soviética disfrazada de viaxe a Moscú cando toca á fin unha era, non só dun país senón da humanidade completa. A caída do comunismo e o descubrimento dunha realidade que o protagonista contempla asombrado. Un relato construído cunha excelente prosa

2 comentarios:

  1. ¡Ah! Empezo a entender o teu interés pola cultura rusa. Unha aperta,

    ResponderEliminar
  2. A cousa pode explicarse, non?

    ResponderEliminar

 
TOP