Loading...
5.5.11

Cambios familiares

A corriente pedagóxica maioritaria neste momento busca, como xa teño dito noutras entradas, un posible uso a cada libro que cae nas súas mans.
Unha familia numerosa, resulta estraña, entre 10 e 20 compoñentes pode dar unha pista de por onde vai ir este libro. Pero unha familia con maletas xa non é tan rara. Diso é do que fala "Cuándo se irán estos?", dos nenos maleta, os nenos que van da casa dunha metade da familia á da outra. Un dos protagonistas, convertido en narrador, será quen nos vaia descubrindo todos os inconvenientes que ten para el ese ir e vir, coa aparición de elementos estraños incardinados nelas. Pero tamén vai descubrir as cousas positivas que ten a súa nova situación familiar. E sobre todo, que a ledicia duns pode ser pesadume dos outros.
Non me parece óptima a elección da primeira persoa para narrar a historia, pero iso non lle quita eficacia narrativa, que se asenta en boa parte no humor. Igualmente eficaz resulta a narración visual, que emprega a uniformidade na vestimenta das diferentes familias para apoiar o humor da narración literaria.
Ute Krause é unha autora alemana que procede do mundo do cine. O seu traballo de ilustración ten unha dose importante de humor que reflexa nos pequenos detalles das grandes ilustracións, mentres nas pequenas ilustracións, que utiliza case con técnica de banda deseñada, faino coa sucesión de situacións en que os protagonistas se comportan de xeito inesperado. Ás veces representa situacións politicamente incorrectas, que gozo que non se autocensure, porque esa liberdade é a que enche de frescura cada imaxe.
Tampouca oculta certa crítica ao comportamento adulto. "A partir de entonces tuvimos dos Navidades... dos cumpleaños... dos platos... dos cepillos de dientes... dos camas... y el doble de normas." E a imaxe da cama orientada á esquerda nunha familia e á dereita na outra expresa coa intensidade precisa a idea.
Un gusto de libro debido a unha autora da que non coñecía máis que o traballo que realizara para un libro de Paul Maar titulado el Señor Bello y el elixir azul. Haberá que estar atentos ao que publique no futuro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP