Loading...
7.4.11

Que nos vai dicir Roberto Innocenti?

O xurado do Premio Compostela de álbum ilustrado conta este ano con dúas figuras destacadas, unha no ámbito español, como é o mestre de mestres Federico Martín, e outra a nivel mundial, o ilustrador Roberto Innocenti. O concello de Santiago e Kalandraka editora, con excelente criterio, van aproveitar a estancia para compartir un tempo con todas as persoas interesadas na obra do autor italiano. Eu vou estar alí para escoitar todo o que nos queiran dicir. Sempre é interesante a ollada de persoas que levan tantos anos centrados no mundo do libro infantil para enriquecer as reflexións propias.


O acto, hoxe ás sete da tarde na Fundación Caixa Galicia en Santiago.
Autorretrato. Do libro "El último refugio"

Portada de "La casa"

Ilustración de "A historia de Erika"

1 comentarios:

  1. agora mesmo estarás por alí, mira que me tentou o de achegarme a Compostela só por velo despois de recibir o convite da Kalandraka, pero menudo lío na casa, con quen deixo os nenos, daríame tempo despois de saír do curre ás tres en deixar todo amañado, estiven dándolle moitas voltas,
    a ver se noutra ocasión e nalgún tan apetecible me coincide nun sábado e xa teño o parente máis a mao, pero espero que ti nos contes

    ResponderEliminar

 
TOP