Loading...
19.4.11

Buscando o lector

Din, con razón, que La partida del soldado non é un libro infantil, que forma parte deses libros que se dan en chamar "cross over" ou algo así, esa palabra que nada máis oíla me dá un non sei que, porque detrás dese nome tan rimbombante agóchase a realidade do autor que non sabe para quen escribe. A xeneralización é inxusta porque teño atopado moi bos libros baixo esa denominación, os menos dos menos.
O plantexamento do libro é filosófico. Loitamos para conservar o que temos e arriscámonos a perder a vida nesa empresa e a perder a capacidade de disfrutar aquilo polo que loitamos, ao tempo que todo o que forma parte da nosa vida perde a esencia. Paga a pena esa loita? Calquera desenlace é unha derrota. "¿Serás el mismo después de haber visto el horror de la guerra? ¿Quién será el hombre que vuelva?" pregúntalle a muller
A viaxe dos personaxes como transformación, o tema da literatura desde a Odisea ou a Biblia. Asunto que polo que lin sobre o autor forma parte da súa esencia persoal. A súa revelación como autor de banda deseñada foi cunha serie titulada "Los viajes de Juan sin Tierra". (Participou no libro-disco "Mentiroso, mentiroso" de Iván Ferreiro).
Para nenos? Sen dúbida, non. Para maiores e lectores expertos cunha certa madurez na mirada, sensibles e capaces de buscar nos propios sentimentos as chaves que lles permiten entender os comportamentos dos protagonistas. Ser adulto non basta para chegar ao profundo deste libro.
A narración visual de Leticia Ruifernández é case cinematográfica. O ollo do lector atópase nas primeiras páxinas con narración gráfica, secuenciada desde o espacio amplo á atmósfera interior enigmática ante a ausencia de rostros e as visións parciais dos personaxes, que se iluminarán coa palabra. O efecto da acuarela evoca unha narración bretemosa e transmite unha certa desolación.

2 comentarios:

  1. onte mesmo lle estaba botando unha ollada na propia web da editorial, a verdade é que tal e como o contaban paréceme do máis atractivo, e agora coa túa reseña aínda máis. Por certo teño moitos libros novos, algúns franceses pero nin un oquiño para falar deles. En galego comprei hai pouco un delicios libro non moi grande, de tapa dura e vermella de Factoría K dun coreano, xa saberás de que libro falo. Ti conta que eu aínda que en silenzo leote. Por certo, parece mentira o que non teñan en conta ao Innocenti no seu país, será demasiado académico polo seu preciosista e realista trazo, pero se hoxe poden convivir moitos estilos. Mágoa non ter un libro asinado por el.

    ResponderEliminar
  2. O de Innocenti parece mentira, pero aquí tamén nos pasa un pouco iso tamén, ás veces os nosos autores e ilustradores son máis valorados fóra da casa. Eu si que teño unha historia de Erika asinada por el.
    De Faktoría K non sabía cal era o libro, pero acabo de ver na web que é O peixe vermello. Aínda non o vin.
    Mágoa que non nos poidas contar nada no teu blog deses libros franceses, quizais un día destes nos sorprendas.

    ResponderEliminar

 
TOP