Loading...
26.3.11

Xa están decididos os White Ravens


Estamos chegando ao remate do mes de marzo e coma todos os anos, as editoriais ferven coa preparación da feira de Boloña. E cando Boloña comeza decídense os títulos que van formar parte da nómina dos White Ravens dese ano. Como todo o mundo sabe, esta distinción é puramente honorífica pois recolle os mellores libros publicados en cada lingua a xuízo da Internationale Jugendbibliothek München.

 
Este ano a literatura galega vai estar representada polos Contos para nenos que dormen deseguida, de David Pintor e Carlos López (Kalandraka), O pintor do sombreiro de malvas (Xerais), de Marcos Calveiro, e ilustrado por Ramón Trigo.
Ambos os dous libros teñen un bo percorrido, se os datos non me fallan o libro de Pinto e Chinto xa leva dúas edicións e a tradución en castelán funciona entre os lectores. De Marcos Calveiro pouco que dicir, leva uns anos acaparando premios con obras moi interesantes. Por certo que resulta difícil atopar nos andeis a serie sobre as aventuras dun samurai en Andalucía que se publica unicamente en castelán, tamén con ilustracións de Ramón Trigo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP