Loading...
13.3.11

Premio Pep Sempere

A biblioteca de Zuera resultou gañadora do Premio Pep Sempere que organiza a Asociación Pizpirigaña e que se fallou onte na vila abulense de Arenas de San Pedro. Esta biblioteca leva anos facendo un enorme labor de difusión da lectura e xa foi recoñecida hai uns anos polo Gremio de editores de España polo traballo continuado e incansable.
Son moitas as iniciativas levadas a cabo, moitas veces en coordenación con outras bibliotecas. Na rede hai información sobre algunhas delas como A maleta de Ramón, un obradoiro de ilustración realizado a partir das greguerías de Ramón Gómez de la Serna ou o planeta leo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP