Loading...
18.3.11

Pintar un paxaro

Nos últimos anos, diferentes selos editoriais están a recuperar títulos editados con anterioridade á decada dos sesenta do século XX. Cartas das illas Bailarinas (Xerais), Lágrimas de cocodrilo (Faktoría K), El libro inclinado (Thule), etc.

Acaba de saír un fermoso libro de Jacques Prévert titulado Para facer o retrato dun paxaro, orixinalmente un texto para unha exposición da pintora Elsa Henríquez. O texto foi publicado en 1953 con ilustracións da pintora (Ver a imaxe da portada á esquerda). A edición galega non ten as ilustracións orixinais, pero conta cunhas boas ilustracións de Mordicai Gerstein, ilustrador e cineasta, que gañou no ano 2004 a prestixiosa Caldecott Medal, o premio máis importante que se concede na literatura infantil e xuvenil dos Estados Unidos, por unha obra titulada The Man Who Walked Between The Towers, Roaring Brook Pres.
Unha historia que ten que ver coa forma en que a obra de arte captura a realidade e a transforma nunha representación bidimensional.
O ilustrador vai máis alá do propio texto engadindo un principio no que busca o inicio da historia que o escritor quere contar. Deste xeito asume o papel de lector e aporta a súa propia lectura. En todas as páxinas aparece o paxaro protagonista, quizais como unha analoxía do propio proceso creativo, da idea orixinaria de toda obra de arte, que rebule na cabeza do creador ata que toma xeito e se concreta na obra de arte (Convén non perder de vista cal foi a idea orixinaria da que partiu o texto). Despois de moita paciencia, cando por fin o artista consegue o seu obxectivo, só falta a derradeira volta e o ilustrador asina co seu nome o cadro. Pero o excitante do espíritu creativo non está tanto no resultado final da obra, senón no proceso que nos leva ata ela. Por iso o remate gráfico da historia é como é (Non imos desvelalo, que a sorpresa sexa tal para todos os lectores).
Un libro de lectura excitante que ten interese ata despois do punto final.
Peindre d'abord une cage
avec une porte ouverte
peindre ensuite
quelque chose de joli
quelque chose de simple
quelque chose de beau
quelque chose d'utile
pour l'oiseau
placer ensuite la toile contre un arbre
dans un jardin
dans un bois
ou dans une forêt
se cacher derrière l'arbre
sans rien dire
sans bouger...
Parfois l'oiseau arrive vite
mais il peut aussi mettre de longues années
avant de se décider
Ne pas se décourager
attendre
attendre s'il le faut pendant des années
la vitesse ou la lenteur de l'arrivée de l'oiseau
n'ayant aucun rapport
avec la réussite du tableau
Quand l'oiseau arrive
s'il arrive
observer le plus profond silence
attendre que l'oiseau entre dans la cage
et quand il est entré
fermer doucement la porte avec le pinceau
puis
effacer un à un tous les barreaux
en ayant soin de ne toucher aucune des plumes de l'oiseau
Faire ensuite le portrait de l'arbre
en choisissant la plus belle de ses branches
pour l'oiseau
peindre aussi le vert feuillage et la fraîcheur du vent
la poussière du soleil
et le bruit des bêtes de l'herbe dans la chaleur de l'été
et puis attendre que l'oiseau se décide à chanter
Si l'oiseau ne chante pas
C'est mauvais signe
signe que le tableau est mauvais
mais s'il chante c'est bon signe
signe que vous pouvez signer
Alors vous arrachez tout doucment
une des plumes de l'oiseau
et vous écrivez votre nom dans un coin du tableau.

1 comentarios:

  1. BlueHost is definitely the best web-hosting company with plans for all of your hosting needs.

    ResponderEliminar

 
TOP