Loading...
8.2.11

Unha viaxe arredor dunha cidade soñada

David Pintor, ou quizais Pinto, decidiu deixar a súa parella de feito, enténdase Chinto e embarcarse nunha viaxe por cidades imaxinarias e reais. Mañá, martes ás 8 da tarde, presenta na capital Compostela, o seu último libro, no centro social Nova Caixa Galicia.
Como un Monsieur Hulot, o ilustrador revoa sobre os ceos de Compostela para ofrecer a ollada dun ilustrador sobre os espazos da vella Compostela e tamén da nova, unha ollada onírica. Desde o prólogo, David Pinto invítanos a facer un percorrido sen tempo, sen presas, acompañadas do aroma dun café fumegante que traspasa as painas para encher o cuarto. Soñar esperto como ese Hulot ciclista fai en moitas das páxinas. Unha luz ilumina a ollada do lector contaxiada pola que emana o debuxante que busca os ángulos inverosímiles para achegarnos a maxia e a poesía de COMPOSTELA.
David Pintor ilustrara os estupendos microrrelatos de Minimaladas co que David López, ou Chinto se prefiren, gañou o premio Merlín 2007. Ademais, acaba de ser seleccionado para estar na exposición de ilustradores da Feira de Boloña 2011.
BOAS IMAXINACIÓNS.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP