Loading...
21.2.11

Libros de peso

Son un convencido de que unha parte fundamental da literatura infantil europea está marcada por unha serie de autores que naceron no primeiro terzo do século XX. Sería necesario difundir entre os lectores de agora a obra de escritores como Erich Kästner, coa súa magnífica vena surrealista, Otfried Preussler, ao que podemos catar nunha gran variedade de gustos tanto en galego coma en castelán. As aventuras do varudo Vania, A parva de Agostiña, El bandido Saltodemata (confeso que este o lin a "salto de mata"), etc.
A Peter Härtling, lino máis tardiamente e menos extensamente que aos outros, pero Ben quiere a Anna é un magnífico relato sobre a vida dos emigrantes no país de acollida a través das vivencias dos alumnos dunha aula.

Apegados á súa realidade social, nunca perderon a oportunidade de ser críticos e consevaron o alento vital nas súas obras. De xeito que ler a Wolfel é hoxe en día tan significativo como facelo hai 30 anos. Hai máis ou menos ese tempo que lin canto atopaba dela, Campos verdes, campos grises (en galego e castelán), Zapatos de lume, sandalias de vento (Desgraciadamente esgotado na nosa lingua)  polo que non nos queda máis que ler a edición recente de Noguer, e a saga das vintesete, vinteoito e vintenove historias, felizmente publicadas por Kalandraka. As  historias de Wölfel comparten coas dos seus colegas ese viso que os ancora fortemente coa realidade, aínda que para facelo recurra ao absurdo ou ao fantástico.
Estes autores deixaron a súa pegada noutros que chegaron máis tarde. Un deles é Peter Bischel, autor entre outros dun magnífico libro titulado Cousas da rapazada. Baixo este título agrúpanse unha serie de relatos nos que o absurdo leva á reflexión dos lectores. Son contos acabados no relato, pero que despois de lidos, seguen traballando na mente do lector. A pesar de que Bischel non é alemán de nacemento, é suízo de lingua alemá, nacido en Lucerna pero habitante de Olten, unha pequena localidade de Baseland . Ao longo da súa vida foi mestre e ligado por outros aspectos profesionais a Alemaña. No seu momento, Christine Nostlinger non ocultou que Peter Bischel era un dos autores para nenos que máis valoraba.


UNHA MESA É UNHA MESA

Entón veu un día especial, un día de sol, nin moi caluroso,
nin demasiado frío, con cantos de paxaros, con xente amable,
con nenos que xogaban.

E o mellor de todo foi que todo iso
gustoulle ao noso home.
Pensou: "Agora todo vai mudar." Desabrochou o primeiro
botón da camisa, quitou a gorra, apurou o paso,
ata balanceou os xeonllos ao andar. Cehgou á súa rúa,
saudou coa cabeza aos nenos, entrou na súa casa, subiu
as esacaleiras, sacou a chave do peto e abriu a porta.
Pero no cuarto todo estaba igual, unha mesa, dúas sillas, unha
cama.. E cando sentou volveu oír o tic-tac, e toda a alegría
se lle foi, pois nada cambiara.
Sentiuse anoxado.
No espello viu como a súa cara acorou, viu como as
pálpebras se apretaban; despois as súas man pecháronse
en dous puños, levantounas e golpeou con elas a mesa,
primeiro un golpe, despois outro, mentres gritaba e gritaba:
"Ten que cambiar, ten que cambiar!
E xa non se oíu o tic-tac. As mans doíanlle, a voz falláballe,
entón volveu oír o reloxo, e nada cambiaba.
Sempre a mesma mesa!, dixo o home, "as mesmas cadeiras,
a cama, o cadro. E á mesa chámolle mesa, 
ao cadro, cadro e á cadeira, cadeira. Pero por que?
Os franceses chámanlle lit á cama; ao cadro, tableau e
á cadeira, chaise e enténdense. E os chineses tamén se entenden

"Por iso a cama non se chama cadro", pensou o home e
sorriu, despois riu, riu ata que o veciño deu un golpe na
parede e gritou "silencio!"

"Agora todo será diferente" gritou el, e desde esa chamoulle 
cadro á cama.

“Teño sono, voume ao cadro", dixo, e pola mañá quedou
durante un tempo longo no cadro e pensou como lle ía
chamar agora á cadeira, e chamoulle "reloxo".
Erguese, vestiuse e sentou no reloxo e apoiou as mans na mesa,
pero á mesa xa non lle chamou mesa, chamoulle alfombra.
Así, pola mañá, o home deixou o cadro, vestiuse e sentou xunto
á alfombra, sobre o reloxo e pensou como lle chamaría a cada cousa

Á cama chamoulle cadro.
Á mesa chamoulle alfombra.
Á cadeira chamoulle reloxo.
Ao xornal chamoulle cama.
Ao espello chamoulle silla.
Ao reloxo chamoulle álbum.
Ao armario chamoulle xornal.
Á alfombra chamoulle armario.
Ao cadro chamoulle mesa e ao álbum de fotos, espello.

Entón: pola mañá, o vello quedou máis tempo no cadro
cuadro, ás nove sonou o álbum, o home ergueuse e
parou no armario para non ter fío nos pés, despois
sacou a roupa do xornal, vestiuse, ollouse na cadeira da
parede, sentou no reloxo xunto á alfombra e folleou o
espello ata que atopou a mesa de súa nai.
Precisamente acabo de atopar esta curtametraxe que recrea este fermoso relato curto co que se abre o libro de Bischel. Bischel acaba de protagonizar un documental estreado a finais do inverno pasado titulado "Zimmer 202. Peter Bichsel im Paris" e dirixida por Eric Bergkraut.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP