Loading...
27.2.11

Presenza de autores galegos en eventos internacionais

Todos os xornais recollen a nova da inclusión de Agustín Fernández Paz como aspirante ao premio Andersen. A lectura deste acontecemento ten varias lecturas posibles. Desde un punto de vista colectivo, é unha grande oportunidade para facer visible a nosa literatura infantoxuvenil se alguén pon as canles oportunas. É unha oportunidade única para os nosos libros, autores, editores e para os responsables da política cultural. Mesmo é unha oportunidade para o partido no goberno de demostrar que é respetuoso coa postura pública que os creadores poidan adoptar fronte os dilemas da "res pública". Non se pode esquecer a renuncia ao Premio da cultura de Fernández Paz.
Desde unha perspectiva persoal, só o feito de estar entre os propostos, é un recoñecemento a toda unha traxectoria literaria que vai máis alá da propiamente creativa, non se pode esquecer que foi codirector da colección Merlín durante varios anos.
Hai outros creadores que foron seleccionados para a exposición de Bratislava. E David Pintor será o único ilustrador galego presente en Boloña, como xa comentei nunha entrada anterior.
Despois de todos os cainismos que se observan, parroquianismos varios e outras cousas que non vou mencionar, as cousas non van tan mal como podían ir. Saúde e boa ventura a todos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP