Loading...
3.1.11

Dous libros de poesía

A poesía está relegada de case todos os catálogos editoriais. Soamente algúns autores recoñecidos conservan os seus títulos en editoriais que incluso xa non publican poesía. Caso de María Elena Walsh en Alfaguara, Carlos Reviejo en SM. Faktoría K vai creando un pequeno catálogo desde hai tres anos cos gañadores do Premio Ciudad de Orihuela, Anaya publica cada ano algún libro (Ben sexa como tal ou xo selo de Xerais) e agora El jinete azul tamén saca algunha cousa.

Vou falar de dous libros diversos no poético, no formato e no concepto gráfico que presentan cada un. Faktoría K acaba de sacar hai poucas semanas Tras, tras, cucutrás de Juan Clemente, un autor murciano non demasiado coñecido pero que ten máis de unha ducia de libros publicados en diferentes editoriais. O coñecemento do mundo dos nenos venlle do seu traballo como mestre de ensino primario e do apego que manifesta terlle ao mundo da infancia. O ritmo reborda e sobreponse á mensaxe. Que máis dá o que diga se parece que estamos entonando un canto primitivo, unha melopea infantil. Unha viaxe ao esencial e primario da poesía, espida de todo adorno.


El jinete azul publica unha antoloxía de poemas de José Corredor-Matheos baixo o título ¿Sabrá volar el mar? Un poemario construído sobre a paradoxa e o eco de esquemas coñecidos, pero que un non se atreve a sinalar, como se formase parte dun conxunto de elementos non moi definidos. Aquí atopo poemas sutiles, delicados, que caen sobre ti coma unha pinga que deixa a penas o aroma, e que te impulsan á procura do sabor que se insinua.
Graficamente hai unha gran diferencia. No primeiro caso, as ilustracións de Aitana Carrasco enchen a páxina dun clima retro, infantil, lúdico. No segundo caso, Noemí Villamuza fai destacar tanto os seus trazos característicos pola forza que teñen como polo uso dos espazos brancos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP