Loading...
21.1.11

Adeus a María Elena walsh

Para moitos de nós, a primeira poesía infantil foi a de María Elena Walsh. Non coñeciamos outro autor que escribise pensando no que podía interesar a un pequeno lector. Moitos mesmo chegaron á súa poesía grazas aos discos de Rosa León e a partir de aí buscaron os seus libros.
Eu non coñecía a obra para adultos e grazas a un regalo dun amigo interposto, chegáronme unha serie de poemas dunha vella edición arxentina.
Hai uns días lin a nova da súa morte e aínda que sexa tarde non quero deixalo pasar, vaia a homenaxe merecida a unha poetisa inmortal. 


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP