Loading...
23.12.10

Para ter un libro fai falta poesía


As historias máis poéticas adoitan ser as máis simples. Sabíao ben Leo Lionni cando lle aplicou o conto a Frederick ou Sendak cando fixo o mesmo con Onde viven os monstros. Pero a linguaxe de Lionni, pero sobre todo a de Sendak, difiren moito da que Gianni Rodari empregou en todos os seus libros. Ao cumprirse os vinte anos da morte deste autor esencial da literatura infantil, as reedicións florecen e levamos un tempo que se sacan novas edicións, quizais para superar nun futuro próximo este medievo disfrazado de modernidade nos que debemos atopar os mosteiros onde se salvagarde a cultura para un futuro máis esperanzador.
Ilustración extraída de silviabonanni.it
Kalandraka acaba de poñer nas librerías Que fai falta, un álbum cun texto sinxelo e unha ilustración debida a Silvia Bonanni, que compaxina perfectamente con esta concepción. Collages e recortes case infantís, limpos e harmoniosamente compostos. O autor vai construíndo unha narración a xeito de siloxismo filosófico que remata dun xeito sorprendente e profundamente poético. Es un poeta, Gianni -exclamarían os ratos de Lionni ante a lectura deste álbum.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP