Loading...
16.12.10

Bibliotecas escolares de sobresaliente

O funcionamento das bibliotecas escolares en Galicia leva varios anos na vangarda de España. A creación de materiais, o uso de estratexias de aproximación dos rapaces á lectura, a difusión das obras  e dos autores, a formación competencial dos usuarios forman parte do día a día da meirande parte delas, e por iso non nos estraña que se recoñeza o feito. Pero sorprende que dos 18 premios que o ministerio acaba de conceder ás Boas prácticas nas bibliotecas escolares, 8 sexan a un país que representa o 7% da poboación de conxunto.
Isto debería servir, ademais de sentirnos orgullosos de compartir con eles o esforzo a favor da cultura, para que se apoie desde as Consellerías de Educación e Cultura o traballo que se está a facer e mesmo que se "explote" en favor do conxunto da poboación. En que consiste o "Ano da lectura"? Levo meses preguntándoo e ninguén sabe que dicirme. Esas bolsas que circularan por certas oficinas da administración, editores e "saraos"é o único testemuño que vai quedar dun ano que só existiu, quizais, para botarlle uns poucos cartos máis en forma de publicidade institucional aos medios de comunicación dóciles.


Extraio do blog da Biblioteca escolar do CEIP de Milladoiro en Malpica a lista de centros premiados.


PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA
1º PREMIO
· CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)
2º PREMIO
· CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo)
· CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)
3º PREMIO
· CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña)
· CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)
PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
· IES de Fene. Fene ( A Coruña)
. IES Monterroso.Monterroso (Lugo)
3º PREMIO
· IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP